Na asemblea anterior...

Aquí atoparás as decisións tomadas e valoracións realizadas na última asemblea aberta realizada en Ames.

Na asemblea anterior...

A derradeira asemblea foi celebrada o 26 de outubro do 2016 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Acordouse o seguinte:

1. A posta en marcha dunha estratexia continuada no tempo de diálogo co tecido asociativo do noso concello, para coñecer de primeira man o seu traballo e as súas inquedanzas así como para traballar en rede, e manternos informados mútuamente das actividades das nosas organizacións.

2. Elaboración dun acto-charla informativa ao tempo que de denuncia sobre os efectos da LOMCE e as súas reválidas.

3. Reforzar a comunicación ao redor das decisións adoptadas polo BNG e polo Concello como resposta á regluación catastral.

4. Enriquecer a axenda política do BNG no Concello de Ames con novas propostas para o ano 2017 contando coas achegas dos simpatizantes e militantes da nosa organización. Valorouse positivamente reforzar a aposta por políticas públicas que melloren o núcleo do Milladoiro, medindo o seu peso poboacional e as súas carencias a día de hoxe.

Queres participar na vindeira asemblea? Preme aquí