XORNADA SOBRE XESTIÓN MUNICIPAL O SÁBADO 29 DE SETEMBRO

Exemplos de gobernos municipais do BNG

#ConcellosBNG

Exemplos de gobernos municipais do BNG

A acción do BNG nos concellos goza dunha moi boa valoración, que ás veces mesmo acada nivel internacional. Este sábado en Ames coñeceremos algunha experiencia de gobernos BNG, innovadoras e transformadoras.
A proposta política que entende o espazo público e a forma de habitar o territorio dunha determinada maneira son a clave da política municipal do BNG. 

Arrancando ás 10:00, comezará con David Santomil, portavoz do BNG de Ames e concelleiro de Educación e Cultura e segundo tenente de alcalde no Concello de Ames, falándonos de "A educación pública e os servizos de conciliación no concello máis novo do país". A continuación, Leticia Santos, alcaldesa de Moaña, participará cunha palestra co nome "Construíndo igualdade e benestar". Despois dun breve descanso será o turno de Manuel Requeixo, alcalde de Muras co tema "A xestión da enerxía ao servizo da veciñanza". Pechando a quenda de alcaldes e alcaldesas, Adolfo Muíños, alcalde nacionalista de Rianxo, intervirá coa charla "Cultura e identidade: facendo país desde o concello".

Para pechar o acto, ás 13,30h e tras unha Reflexión finalBieito Lobeira participará como responsábel nacional de organización do BNG.

#BNG #obloque #Ideasclaras #Facendopaísdendeosconcellos


Exemplos de goberno municipal do BNG