O novo centro de saúde do Milladoiro está máis perto

Dotar o Milladoiro, principal núcleo de poboación do noso Concello, dun novo centro de saúde, era unha demanda clara e constante tanto da veciñanza como do BNG. A firma de este convenio elimina un obstáculo máis para poder levar á cabo a súa execución

O novo centro de saúde do Milladoiro está máis perto

Avanzamos no cumprimento dos nosos compromisos coa cidadanía de Ames. Hoxe o Concello de Ames asinou coa Consellería de Saúde da Xunta de Galiza o convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ames para a execución das obras de construción do novo centro de saúde do Milladoiro, nun acto no que asistiron todos os concelleiros, entre os cales David Santomil e Isabel Vaquero.

Un goberno unido e coas prioridades ben claras fixo que se estivese traballando dende o primeiro día para resolver a situación na que se atopaba a parcela, e así posibilitar a construción dun centro absolutamente prioritario para os veciños do Milladoiro.

Dotar o principal núcleo de poboación do noso Concello dun novo centro de saúde, era unha demanda clara e constante tanto da veciñanza como do BNG. A firma de este convenio elimina un obstáculo máis, para poder levar á cabo a súa execución

O novo centro de saúde do Milladoiro está máis perto