Propostas do BNG para melloras nas pensións

Pensións dignas
Pensións dignas

As decisións que está a adoptar o Goberno español son especialmente mesquiñas na Galiza: temos as pensións máis baixas do Estado español (15 puntos por baixo da media estatal), unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á nosa poboación, e as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares.

Propostas do BNG para melloras nas pensións

Na Galiza hai pensionistas pobres: case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos está por baixo do limiar da pobreza. Ademais, moitas familias teñen nas pensións a súa única fonte de ingresos.

Para corrixir esta situación o BNG propón un sistema público de pensións galego, solidario e con suficiencia financeira, porque é a única maneira de garantir unha pensión digna despois de toda unha vida de traballo. E ademais, fronte ao discurso interesado do PP e da banca, é perfectamente viábel.

 

AS NOSAS PROPOSTAS

  • Favorecer a creación de emprego de calidade como mellor vía para garantir ingresos que paguen as pensións.
  • Derrogación das reformas laborais.
  • Reclamar para Galiza a xestión da Seguridade Social.
  • Demandar que as empresas, con centro de traballo en Galiza paguen os impostos e as cotización sociais aquí.
  • Recuperar a idade de xubilación aos 65 anos.
  • Cómputo da pensión se realice en base aos 15 mellores anos da vida profesional dos e das traballadoras.
  • Establecer o importe da pensión mínima no equivalente ao 60% do salario medio.
  • Incrementar as pensións non contributivas en 100 euros. É unha necesidade social que hai que atender con urxencia, xa que en Galiza afecta a 40.000 persoas, cunha prestación de miseria que as coloca en situación de auténtica pobreza.