O BNG de Ames reitera a proposta de municipalización do servizo de augas

O BNG de Ames reitera a proposta de municipalización do servizo de augas

augaO BNG de Ames denuncia a incapacidade do goberno municipal do PP para darlle unha solución eficaz á problemática do abastecemento de auga potable aos veciños e veciñas do noso concello.

Despois de varios meses de marearnos con adiamentos, prórrogas, concursos públicos desertos, creacións de comisións do Pleno para estudar o asunto, estudos, etc., ponse en evidencia, unha vez máis,  a absoluta incapacidade do goberno municipal para xestionar o noso concello e garantir os servizos públicos.

Agora o Partido Popular propón adxudicar un dos servizos públicos máis importantes exclusivamente para dous anos. En caso de optar por este tipo de xestión, tal decisión é antieconómica para o concello, porque impide conseguir  propostas rendibles a medio prazo. Por outra banda, trasládalle a decisión á próxima Corporación municipal.

a situación irregular dunha parte importante dos concelleiros e concelleiras da Corporación impide xerar unha alternativa ao actual goberno municipal

Por outra parte, a situación irregular dunha parte importante dos concelleiros e concelleiras da Corporación impide xerar unha alternativa ao actual goberno municipal que facilite a creación dun novo goberno con capacidade. O transfuguismo político no noso concello está facilitando que o Partido Popular poida gobernar cunha cativa representación de cinco concelleiros sobre un total de vinteún.

No BNG de Ames reiteramos a nosa proposta de municipalización deste servizo público do abastecemento de auga e saneamento, co obxecto de garantir o mellor servizo á cidadanía e mellorar a súa xestión económica.

O BNG de Ames reitera a proposta de municipalización do servizo de augas