Xosé Manuel Fernández López, sétimo suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais

Xosé Manuel Fernández López
Xosé Manuel Fernández López
Xosé Manuel Fernández López, sétimo suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais

Xosé M. Fernández López. 60 anos. Vivín 20 anos en Ortoniño (Ames) e actualmente en Teo, á beiriña do Milladoiro; e sigo moi implicado e interesado nos problemas de Ames

Fixen a Licenciatura de Filoloxía Galego-Portugués e traballei como profesor os últimos 20 anos no IESP de Bertamiráns (Ames).

Representei ao BNG durante 12 anos no Concello de Ames e catro deles (2003-2007) exercín de Tenente-Alcalde e de Concelleiro de Cultura e Deportes.

As miñas afeccións son moi variadas: a lectura, o sendeirismo, as viaxes, o ping-pong...e moitas outras .

Xosé Manuel Fernández López vai de sétimo suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG