Sara Fabeiro Canedo, independente, número 16 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Sara Fabeiro Canedo
Sara Fabeiro Canedo
Sara Fabeiro Canedo, independente, número 16 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

O meu nome é Sara Fabeiro e nacín en Suevos, na parroquia de Trasmonte no ano 1958. Son veciña do concello de Ames dende ben pequena, xa que tanto meus pais coma a maioría dos meus irmáns residen nesta localidade, e dende fai uns sete anos resido co meu home e coa miña filla no lugar de Leboráns. 

Conto con un título de asistente a domicilio, traballo que desempeñei durante gran parte da miña vida, aínda que actualmente son a encargada de coidar e manter unha propiedade privada na aldea onde resido.

Unha das miñas paixóns e a música tradicional galega, e xa son varios anos os que levo tocando a pandeireta, a gaita e o tambor na Asociación Cultural Os Castros. Tamén son afeccionada á xardinería e a todo tipo de artesanía ou manualidades.

Preséntome nas listas do Bloque Nacionalista Galego por terceira vez para apoiar o seu proxecto político, que considero é o único que presta especial atención ao que realmente importa, ao ámbito educativo e da sanidade, dous pilares que considero moi importantes na actualidade do noso país. O noso concello precisa dun cambio, un impulso cara un futuro novo e mellorado, e penso que este é o partido que pode acadar eses propósitos.

Sara Fabeiro Canedo vai como independente no número 16 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG