Roi Pérez Vila, número 10 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Roi Pérez Vila
Roi Pérez Vila
Roi Pérez Vila, número 10 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Nado en Barcelona no 1987, é veciño de Bertamiráns dende o ano 2013.

Graduado en Ciencias Políticas e da Administración. Posúe un mestrado en Política Europea.

Actualmente traballa como consultor, tendo anteriormente traballado noutros sectores. Realizou as prácticas da carreira no Concello de Ames.

Presentouse nas listas do BNG para as municipais do 2015 polo Concello de Ames ademais de ser responsable local do BNG en Ames desde 2015 até 2017. Tamén é membro da executiva do partido na comarca de Compostela.

Comprometido co nacionalismo galego, no BNG, desde 2012, entendendo que é a dotación dun Estado propio, a única ferramenta válida para elevar Galicia ao máximo do seu potencial e ter unha xustiza social digna dese nome.

Roi Pérez Vila vai no número 10 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG