Davinia Lojo Amoedo, número 11 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Davinia Lojo Amoedo
Davinia Lojo Amoedo
Davinia Lojo Amoedo, número 11 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Nada en Pontevedra no 1991, é veciña do Milladoiro dende o ano 2015.

Graduada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou as prácticas no Consello Superior de Investigacións Científicas-IESA, na área Democrets: Gobernanza, acción colectiva e participación política en Córdoba. Posúe unha ampla formación académica no concerninte a análise de datos. É tamén monitora de tempo libre e ten experiencia na programación de actividades de lecer. 

Actualmente estuda un Máster en Técnicas Estatísticas. 

Presentouse nas listas do BNG para as municipais do 2015 polo Concello de Marín e, preséntase por segunda vez, polo concello de Ames, porque considera que as tarefas do presente precisan dunha alternativa política que procuren a soberanía nacional e aproveite a autonomía como forma de organizar políticamente o noso pobo, único xeito de garantizar a resolución dos nosos problemas.

Davinia Lojo Amoedo vai no número 11 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG