Ana Castaño Carou, número 9 da candidatura do BNG de Ames

Ana Castaño Carou
Ana Castaño Carou
Ana Castaño Carou, número 9 da candidatura do BNG de Ames

Nada no Concello de Lousame, reside en Santiago de Compostela. Actualmente é médica de familia no Centro de Saúde de Bertamiráns.

Licenciada en Medicina e Cirurxía Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Doutora en Medicina pola Universidade da Coruña.

Adicou e adica o seu traballo á asistencia sanitaria, ainda que no período de 2005 a 2009 ocupou o posto de Xerenta de Atención Primaria na área de Santiago de Compostela.

Firme defensora da Atención Primaria, ademais da atención clínica realiza labores de investigación e neste momento é a editora da revista Cadernos de Atención Primaria.

Ana Castaño Carou vai no número 9 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG