Almudena Rei Gómez, independente, número 17 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Almudena Rei Gómez
Almudena Rei Gómez
Almudena Rei Gómez, independente, número 17 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Nacida na parroquia de Ameixenda onde reside actualmente.

Licenciada en Lingua e Literatura galegas pola Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1997-2001.
Realizou diferentes traballos como conserxe en distintos colexios de Ames (CEIP de Barouta - Ames entre os anos 2001-2007 e outras substitucións nos CEIP de A Maía, CEP de Ventín e EEI do Milladoiro).
Na actualidade traballa dende o ano 2016 como auxiliar administrativo no colexio de educación infantil e primaria do Agro do Muíño de Ames.

Almudena Rei Gómez vai como independente no número 17 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG