Alberte Souto Souto, quinto suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais

Alberte Souto Souto
Alberte Souto Souto
Alberte Souto Souto, quinto suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais

Nado en San Sadurniño en 1971, trasladouse a Ames en 2002 e actualmente reside en Pedrouzos, parroquia de Santo Tomé de Ames, ao pé do Monte San Marcos, vixía natural do Val da Maía

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, na actualidade exerce a avogacía especializado na consultoría do sector público, como socio dun bufete con sede en Milladoiro.

Tamén realizou labores de asesoramento xurídico parlamentar, na Fundación Galiza Sempre e no período 2005-2009 exerceu de Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural desde onde se teceron grandes ideas e proxectos que foi unha mágoa non tiveran continuidade. 

Nos últimos anos estivo implicado no movemento veciñan de Ames, participando activamente na Plataforma do Lixo, que tivo como obxectivo impedir unha inxustiza e abuso fiscal á veciñanza do rural de Ames. Tamén colabora con asociacións deportivas (Voleibol Tambre, de volei-praia), ambientais (Asociación Ecoloxista Adega) e de normalización Lingüística (A Mesa pola Normalización Lingüística).

Alberte Souto Souto vai de quinto suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG